Semana 44: feira de Santos en Monterroso e teatro
8th November 2021

A miña primeira vez na feira de Santos en Monterroso.








Fun ver N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere.

Acabouse. Nesta captura aínda quedan algúns movementos pero o límite físico está preto. Realmente acabouse cando ese 8.192 se escapou para arriba pero continuei alimentado polas miñas esperanzas de estar trabucado. Non estaba. Escapou para arriba por un descoido, por un descoido e por un erro no xogo que contabilizou un movemento coma se foran dous e non me deixou volver atrás para desfacer o erro. En fin, conseguir o 131.072 parece que é cuestión de paciencia e coidado, moito coidado. Non sei se o volverei intentar. Xa vos contarei. 782 minutos para chegar ata aquí, máis de 13 horas.