Menores, redes sociais e tecnoloxía
Como o xestionamos?

Esta guía foi creada por Víctor González en marzo de 2025.


Acompañamento ou mediación parental
Son un conxunto de estratexias para acompañar, orientar e supervisar aos menores nun bo uso de Internet e da tecnoloxía.
A finalidade é previr riscos e solucionar os problemas que poidan xurdir co seu uso.
Mediación ActivaBaseada no acompañamento, orientación e supervisión mediante o diálogo familiar.
Mediación RestritivaEstablecendo límites e controis nos dispositivos (móbiles, videoconsolas, ...) ou servizos (redes sociais, televisión dixital, ...).
Riscos da tecnoloxía
Vídeo para concienciar sobre os riscos de compartir datos persoais en redes sociais.
Vídeo para concienciar sobre o acoso.
Evitar que teña acceso a un dispositivo en espacios cerrados e/ou sen supervisión. Por exemplo: ordenador/móbil na súa habitación.
Valora a configuración de control parental nos dispositivos que utiliza o/a menor.
Tenemos que hablar del porno: guía para familias sobre o consumo de pornografía na adolescencia.
Mantén actualizado o móbil, tableta, videoconsola e/ou ordenador. Instala só aplicacións e programas de orixes coñecidos.
As actualizacións teñen dúas finalidades: mellorar a aplicación e corrixir erros e posibles buracos que poden ser aproveitados por virus para acceder ao noso dispositivo.
Vídeo para concienciar sobre o abuso no uso do móbil ou outras tecnoloxías: hai outras cousas xeniais na vida que só se poden gozar na vida real.
Organizador dixital familiar: reúne a toda a familia e decidide xuntos como utilizar Internet de forma sá, segura e equilibrada.
Vídeo para concienciar sobre suplantación de identidade, grooming, sexting e outros riscos de Internet.
Guía básica para la prevención del juego de apuestas en adolescentes
Información sobre as apostas e como funcionan, factores de risco, signos de alarma, problemas máis frecuentes e ferramentas/recomendacións para a prevención.
Beneficios da tecnoloxía
Consellos e boas prácticas para unha boa educación dixital
Formación Dixital: programa formativo da Xunta de Galicia.
Curso en liña gratuito. Inclúe formación sobre xestión da información, comunicacións, creación de contidos dixitais, seguridade e privacidade.
Guía coas 10 claves a ter en conta antes de regalarlle un móbil aos teus fillos ou fillas. Creada pola Agencia Española de Protección de Datos e UNICEF España.
Como acompañar a fillos e fillas na incorporación do teléfono móbil.
A guía, que abrangue dende a preadolescencia ata os 16 anos, ten como obxectivo axudar aos pais e nais a tomar decisións informadas sobre como educar aos seus fillos no uso da tecnoloxía móbil.
Algunhas guías recomendan que o primeiro móbil non chegue ata os 16 anos. Ou, tendo en conta a realidade actual, mínimo os 12 anos. Así como retrasar a incorporación dun smartphone (teléfono intelixente) propio tanto tempo como sexa posible.
Posible estratexia de incorporación do teléfono móbil:
Fase 1 (ata os 11 anos) O menor non ten móbil, pode utilizar o dos adultos 30 minutos/día.
Fase 2 (entre 11 e 13 anos) Terminal de uso familiar, o móbil non é do menor, é de toda a familia e o menor ten acceso a el en certos horarios/espacios.
Fase 3 (entre 14 e 15 anos) Primeiro terminal de uso persoal, sen contrato de datos (só o pode utilizar en conexións WiFi) e 60 minutos/día.
Fase 4 (entre 16 e 17 anos) Terminal de uso persoal, con contrato de datos e 90 minutos/día.
Fase 5 (18 anos ou máis) Liberdade de uso. Cambio de titularidade para que reciba as facturas aínda que as sigan pagando os pais. Adquire responsabilidade e faise consciente das implicacións.
Exemplo: de camiño á escola podemos falar dos videoxogos que lle interesan ou da última foto que subiu a unha rede social. Evitar sentarse e que pareza unha conversa súper seria.
Non é preciso ser un experto na tecnoloxía. Por exemplo: non hai que saber xogar ao Minecraft, só hai que saber que é un xogo de construción onde ten liberdade para construír o que queira e no que podería haber un chat no que falar con descoñecidos.
Ideas para iniciar unha conversaQue aplicacións son as que máis utilizas?
Quen son os teus creadores preferidos?
Ensínasme os teus vídeos preferidos?
Viches ultimamente algo que che gustara ou que che impactou?
Falas acotío con alguén? Quen son os teus amigos nesas aplicacións/videoxogos?
Pacto para el buen uso de mis redes sociales.
Aquí podes acceder a máis pactos familiares para o bo uso dos dispositivos: modelos de contratos para establecer normas e promover o compromiso de cumprilas en familia.
Pacto entre un adulto e un menor para definir tempo de uso, horarios, espacios, etc. Máis simple que o anterior.
Utiliza un xestor de contrasinais: son aplicacións que almacenan os nosos contrasinais para que non teñamos que acordarnos deles. Hoxe en día, os propios navegadores (Chrome, Safari, Firefox) teñen incorporados xestores de contrasinais.
Utiliza verificación en dous pasos: ademais do contrasinal necesitaremos outro código de un só uso para acceder a unha aplicación ou páxina web.
En disositivos Android instala aplicacións só desde Google Play Store e en dispositivos iOS (iPhone/iPad) desde App Store. Ofrecen medidas de seguridade para evitar aplicacións fraudulentas.
Os programas/xogos descargados desde páxinas de Internet non oficiais poden estar modificados e conter algún tipo de virus ou malware (código dañino).
As actualizacións teñen dúas finalidades: mellorar a aplicación e corrixir erros e posibles buracos que poden ser aproveitados por virus para acceder ao noso dispositivo.
Aplicacións e permisos
Páxina con información, infografías e recursos interactivos para aprender sobre as apliacións e os permisos que nos solicitan.
Virus e outras ameazas
Información sobre ciberdelincuentes, que buscan e como actúan. Así como as principais ameazas e estratexias para evitalas.
Learn to Check (ou aprende a comprobar)
Proxecto eductaivo e divulgativo onde podes atopar guías (para adultos, menores e educadores) e máis información para aprender a verificar a información.
[PDF] Guía para la alfabetización mediática en verificación digital (para adultos).
Coñecer (e entender) as redes sociais
Por que as utilizan?Guía de seguridade en redes sociais para familias.
Por que están tan enganchados ás redes sociais? Nesta guía atoparás respostas a estas e outras preguntas acompañadas de consellos e reflexións para un correcto uso.
Ao día nas redes sociais.
Análises das redes sociaies máis populares: en que consisten, as súas características, riscos e orientacións para utilizalas con máis seguridade.
É unha das redes sociais máis populares.
A súa principal fortaleza é que presenta imaxes nos perfís dos seus usuarios dun xeito atractivo e visual.
É unha forma flexible de comunicarse e posicionarse socialmente, así como de estar ao día dos temas que lles interesan.
Principais funcionalidades
Perfil públicoÉ un sitio persoal ao que poden subir imaxes e vídeos que quedan visibles de xeito permanente. Isto permítelles construír unha imaxe pública.
HistoriasPoden compartir momentos máis ou menos espontáneos (imaxe ou vídeo). Están dispoñibles (públicamente) durante 24 horas (a non ser que as engadan a destacados).
MensaxeríaPermítelles comunicarse cos seus amigos/outras persoas a través de chats individuais ou grupais. Pode ser a través de texto, imaxe, vídeo, audio ou vídeochamada.
Instagram TVPermítelles transmitir vídeo en directo.
Privacidade e seguridade
Contas de adolescentes é unha funcionalidade anunciada por Instagram en setembro de 2024. Está dirixida a adolescentes de entre 13 e 17 anos. Algunhas características:
A ter en conta
Capturas de pantalla durante o proceso de crear unha conta en Instagram:










Capturas de pantalla de uso de Instagram:














Capturas de pantalla para silenciar, bloquear e/ou desactivar notificacións en Instagram:







Tiktok
A súa principal fortaleza son os vídeos curtos, moitas veces de só uns segundos, que se gravan desde o móbil e se editan desde a mesma aplicación.
Pódense combinar con música e engadir multitude de filtros e efectos.
Só precisan dun teléfono móbil con cámara e conexión a Internet para compartir as súas creacións.
Principais funcionalidades
Para tiTamén coñecido como Feed Para Ti. É un listado infinito de vídeos. É distinto para cada usuario, amosa vídeos personalizados en base ás interaccións anteriores (likes, comentarios, vídeo visto ata o final, ...). É o primeiro que aparece nada máis abrir Tiktok.
SeguindoÉ un listado de vídeos subidos por as persoas que segue.
HistoriasPoden compartir momentos máis ou menos espontáneos (imaxe ou vídeo). Están dispoñibles durante 24 horas.
MensaxeríaPermítelles comunicarse cos seus amigos a través de chats individuais ou grupais. Pode ser a través de texto, imaxe, vídeo, audio ou vídeochamada. Só para maiores de 16 anos.
Tiktok LIVEPermítelles transmitir vídeo en directo. Só para maiores de 18 anos.
Privacidade e seguridade
Capturas de pantalla para utilizar Tiktok (sen darse de alta):



Capturas de pantalla para darse de alta en Tiktok:






Control parental
Son as funcións incluídas en teléfonos móbiles, ordenadores, videoconsolas, redes sociais (Instagram, TikTok, ...), televisión dixital (Netflix, YouTube, Disney+, ...) e outros dispositivos para restrinxir o acceso a certos contidos.
Como nos pode axudar?
Filtro de contidoLimita o acceso a contido non axeitado para a súa idade ou madurez.
Exemplo: bloqueo de páxinas con contindos non desexados.
Control de usoLimita o tempo de uso do dispositivo.
Xestión de usoLimita o uso de certas aplicacións.
MonitoreoPermite coñecer a localización do/a menor e durante canto tempo e como usou o dispositivo.
Google: Family Link
Ferramenta de control parental de Google que permite establecer restricións en móbiles e tabletas con sistema operativo Android.
Como instalar Family Link
Family Link pódese instalar desde a tenda de aplicacións Play Store para dispositivos Androiod ou App Store para dispositivos iOS (iPhone ou iPad).
A continuación amósanse capturas de pantalla durante o proceso de instalación da aplicación Family Link no móbil do pai, nai ou titor.

















Configuración e uso no móbil do/a menor
Unha vez instalado Family Link no móbil da persoa adulta temos que configurar o móbil (ou tableta) do menor.
As seguintes capturas de pantalla ilustran o proceso de configuración do móbil do/a menor. Unha vez engadida a conta do/a menor (que creamos durante a instalación no paso anterior) procedemos á súa configuración.













Capturas de pantalla no móbil do/a menor unha vez finalizada a configuración/instalación:







Capturas de pantalla de Family Link no móbil da persoa adulta unha vez finalizada a instalación:



Control parental en Instagram
Capturas de pantalla de control parental no móbil da persoa adulta (pai/nai):











Capturas de pantalla de control parental no móbil do/a menor:







Control parental en TikTok
Ten un control parental que permite limitar o tempo de uso, silenciar notificacións, filtrar palabras clave, establecer modo restrinxido, ...
Capturas de pantalla de control parental en Tiktok:





Netflix
Consellos para un bo uso da tecnoloxía con un enfoque creativo
Las mejores apps educativas
Listado de aplicacións educativas para aproveitar o tempo libre. A partir de 2 anos.
Yousician: aprende a tocar a guitarra
Clases de guitarra, piano, baixo, ukelele ou canto.
Scratch: programación para menores
Scratch é a comunidade de programación para a rapazada máis grande do mundo. Promove as destrezas de pensamento informático e resolución de problemas, ensino e aprendizaxe creativos, expresión propia e colaboración, así como a igualdade na informática.
Xadrez en liña
Aplicación para xogar ao xadrez e aprender a través de leccións, problemas e xogos.
Fotografía: a propia cámara do móbil
A fotografía pode ser unha ferramenta que lles axude a expresarse e estimular a súa creatividade.
DígochoEu
O #DígochoEu é un proxecto de servizo público da CRTVG para achegar o galego dunha forma dinámica e entretida.
Los youtubers que ayudan a nuestros hijos
Listado de youtubers con un contido educativo.
Recursos para seguir informado/a

Internet segura FOR KIDS
Sitio web do Instituto Nacional de Ciberseguridade para menores de idade. Ofrece servizos de ciberseguridade orientados a fomentar o uso seguro das tecnoloxías por parte dos nenos, nenas e adolescentes.
Portal de ciber seguridade da Xunta de Galicia
Páxina con recursos, novas e recomendacións para navegar con seguridade por Internet.
Empantallados
Empantallados é unha plataforma para nais e pais creada pola Fundación Fomento, en colaboración con numerosos expertos en educación e tecnoloxía. Crearona porque cren que os nosos fillos necesitan que os acompañemos tamén no mundo dixital: a tecnoloxía chegou para quedarse, así que aproveitémola como outra oportunidade para educar.
Tú decides en Internet
Páxina da Agencia Española de Protección de Datos con recursos, información e consellos para pais, nais e menores. Por exemplo: Control parental, Un móvil es más que un móvil ou vídeos para menores para concienciar dos perigos de Internet.
Cómic: Los guardianes de la red
Un cómic para promover a ciberseguridade na infancia e adolescencia. Contén catro historias cuxo obxectivo é protexer a identidade dixital, a pegada dixital e a reputación en liña dos menores.
Riscos e recomendacións sobre o uso de pantallas
Recomendacións para nenos/as de entre 0 e 6 anos, nenos/as de entre 7 e 12 anos e preadolescentes e adolescentes (12-16 anos).
Reto: sen móbil para familias
Guía para conseguir unha relación máis sá co móbil e as pantallas.
Despantállame
Guía para criar sen pantallas de 0 a 3 anos.
Control parental para iPhone e iPad
Guía para instalar e configurar ferramentas de control parental nun iPhone ou iPad.
Control parental para Microsoft
Microsoft Family Safety: aplicación/ferramenta de control parental para Windows.
Descubre su mundo digital
Campaña dirixida a pais e nais de adolescentes para sensibilizalos sobre a importancia de acompañar e involucrarse no consumo de ocio dixital dos menores. Con datos e consellos sobre redes sociais, videoxogos, música, series, apostas e pornografía. Máis información sobre a campaña.
Plan digital familiar
Plataforma para crear un plan dixital familiar con base científica e asesorados por pediatras.
Educación dixital responsable
Asociación para a educación e prevención dos riscos do uso de smartphones (teléfono intelixente) e pantallas en menores de 16 anos.
WhatsApp para niños: control parental en el popular mensajero
Consellos para configurar WhatsApp dun xeito seguro para menores.
Controla tu red
Controla a túa Rede é un proxecto da Fundación MAPFRE e da Policía Nacional que busca axudar aos mozos a comprender como funcionan as redes sociais e as tecnoloxías da información e a comunicación, para que aprendan a utilizalas de forma segura e adecuada e sexan capaces de identificar e informar de situacións perigosas.
Uso responsable da tecnoloxía
A mocidade actual, que vive hiperconectada, converteu as TIC nun medio insubstituíble para levar a cabo boa parte das súas actividades cotiás. Pero o feito de que se despracen regularmente nese entorno non significa que saiban facelo con responsabilidade, coñecendo as consecuencias e os riscos que poden derivar dun uso prexudicial para eles e para terceiros. Neste artigo atoparás información útil para que poidas detectar problemas e saber educar ao teu fillo no uso saudable das TIC.
¿Cómo protegernos de los peligros en internet?
Dirixida a nenos, nenas e adolescentes.
¿Cómo evitar la violencia de género digital?
Dirixida a nenos, nenas e adolescentes.
Guía práctica de control parental
Consellos, vantaxes e ferramentas para previr os riscos de Internet para os teus fillos.
Mejor educar que curar
Guía para familias responsables que queren educar no dixital.
Conferencia: 5 grandes problemas sobre nuestr@s hij@s y las pantallas y cómo abordarlos
María Zabala, xornalista e experta en educación dixital, repasa o que máis preocupa ás familias sobre o uso da tecnoloxía por parte dos nosos nenos e adolescentes e ofrece ideas para abordar estas inquedanzas. Descarga aquí a presentación que acompaña a conferencia. Máis información no seu blog: iwomanish.com.
Estudio de redes sociales 2024
O 86% dos internautas con idades comprendidas entre os 12 e os 74 anos utilizan redes sociais, o que supón preto de 30 millóns de persoas en España.
Sobre min
Chámome Víctor González e son programador web, ou dito doutro xeito: fago páxinas web.
Levo máis de 20 anos traballando con tecnoloxía.
Traballei 9 anos como formador tecnolóxico, entre eles 7 anos na rede CeMIT e anterior Rede de dinamización.
Tamén traballei cinco anos en Londres como programador para unha gran empresa.
Desde hai algo máis de catro anos traballo en Lugo como programador web pola miña conta.
O meu correo electrónico é victor@victorgonzalez.eu.