‹ Victor Gonzalez

Fuxir

21st May 2021

Teño unha necesidade constante de fuxir. En algún momento ten que parar. Pero non para. Non sei de que fuxo nin cara onde. Non sei que dicir. Na miña cabeza é coma se ninguén escoitara. Falo, síntome escoitado, pero sempre volve. A necesidade sempre volve, instalouse no meu cerebro. Vexo películas, saio correr, paso horas programando só para que marche durante unhas horas. Pero sempre volve. Non son quen de falar. O silencio non axuda. Escribir nun último intento de sentirme menos só. Non sei como librarme dela. Sempre volve.

Thanks for reading and getting this far 💕. Comments are not enabled but you can write to me on victor@victorgonzalez.eu, I would love to read your thoughts.