Control parental

Acompañar aos menores e boas prácticas para unha boa educación dixital.

Código QR para acceder a esta guía
https://victorgonzalez.eu/control-parental

Esta guía foi creada por Víctor González en setembro de 2024.

victor@victorgonzalez.eu

De que imos falar nesta sesión?

Que é o control parental e para que serve.
Ferramentas de control parental e aplicacións prácticas.
Acompañar aos menores na Rede.
Riscos e beneficios da tecnoloxía. Para pais, nais e menores.
Consellos e boas prácticas para unha boa educación dixital. Para pais, nais e menores.
Consellos para un bo uso da tecnoloxía con un enfoque creativo.
Recursos para seguir informado/a.
Educación dixital + Acompañamento + Control parental
=
Seguridade na Rede

Control parental

Son as funcións incluídas en teléfonos móbiles, ordenadores, videoconsolas, redes sociais (Instagram, TikTok, ...), televisión dixital (Netflix, YouTube, Disney+, ...) e outros dispositivos para restrinxir o acceso a certos contidos.

Como nos pode axudar?

Filtro de contido

Limita o acceso a contido non axeitado para a súa idade ou madurez.

Exemplo: bloqueo de páxinas con contindos non desexados.

Control de uso

Limita o tempo de uso do dispositivo.

Xestión de uso

Limita o uso de certas aplicacións.

Monitoreo

Permite coñecer a localización do/a menor e durante canto tempo e como usou o dispositivo.

Ferramentas de control parental e aplicacións prácticas

Google: Family Link

Ferramenta de control parental de Google que permite establecer restricións en móbiles e tabletas con sistema operativo Android.

Como instalar Family Link

Family Link pódese instalar desde a tenda de aplicacións Play Store para dispositivos Androiod ou App Store para dispositivos iOS (iPhone ou iPad).

A continuación amósanse capturas de pantalla durante o proceso de instalación da aplicación Family Link no móbil do pai, nai ou titor.

Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link

Configuración e uso no móbil do/a menor

Unha vez instalado Family Link no móbil da persoa adulta temos que configurar o móbil (ou tableta) do menor.

As seguintes capturas de pantalla ilustran o proceso de configuración do móbil do/a menor. Unha vez engadida a conta do/a menor (que creamos durante a instalación no paso anterior) procedemos á súa configuración.

Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor

Capturas de pantalla no móbil do/a menor unha vez finalizada a configuración/instalación:

Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor Captura móbil menor

Capturas de pantalla de Family Link no móbil da persoa adulta unha vez finalizada a instalación:

Instalación Family Link Instalación Family Link Instalación Family Link

Tamén se pode acceder ao panel de control de Family Link desde un navegador en familylink.google.com.

Pódense engadir outras persoas para supervisar a conta do/a menor en myaccount.google.com.

Ferramentas de control parental e aplicacións prácticas

Instagram

Non ten control parental (polo momento, ver máis abaixo un anuncio recente) pero estas son algunhas recomendacións:

Establece a conta como privada: só poderán ver os teus datos e o que publicas os teus seguidores/as (os cales tes que aceptar con anterioridade).
Limita quen pode deixar comentarios nas túas publicacións: só seguidores/as.

Capturas de pantalla con instrucións para configurar Instagram:

Captura configuración de Instagram Captura configuración de Instagram Captura configuración de Instagram Captura configuración de Instagram

Protección para contas de adolescente (13 a 17 anos): dispoñible a finais de 2024

Anunciado por Instagram a mediados de setembro de 2024: Cuentas de adolescente: Protección para los adolescentes, tranquilidad para los padres.

Todas as contas serán privadas e só poderán recibir mensaxes das persoas que xa seguen.
Esta configuración activarase automaticamente para todos os menores de idade.
Os menores de 16 anos precisarán a autorización da nai ou pai para desactivalo.
O contido que ven estará limitado (por exemplo: non poderán ver contido que fomente cirurxías estéticas ou pelexas) e haberá certos filtros contra o acoso (filtro de palabras ofensivas).
Recordatorio despois de unha hora de uso para que pechen Instagram. Modo descanso entre as 22:00 e as 07:00: non recibirán notificacións.
A nai/pai poderá ver con quen se comunica pero non o contido das mensaxes.
Poderase establecer un límite diario de tempo de uso e limitar o uso da aplicación durante certos periodos de tempo (por exemplo: a partir das 21:00).
Poderase ver que temas miran.
Pediralles que verifiquen a súa idade se intentan crear unha nova conta para saltar os filtros/limitacións.
Configuración de privacidade en redes sociais Fonte: Axencia Española de Protección de Datos.
Ferramentas de control parental e aplicacións prácticas

TikTok

Ten un control parental sinxelo que permite limitar o tempo de uso, silenciar notificacións, filtrar palabras clave, establecer modo restrinxido, ...

Configuración de privacidade en redes sociais Fonte: Axencia Española de Protección de Datos.
Ferramentas de control parental e aplicacións prácticas

Netflix

Crea un perfil infantil e configúrao de acordo á súa idade e/ou madurez.
Bloquea o teu perfil e/outros perfís con un PIN para que o/a menor non teña acceso.

Acompañamento ou mediación parental

Son un conxunto de estratexias para acompañar, orientar e supervisar aos menores nun bo uso de Internet e da tecnoloxía.

A finalidade é previr riscos e solucionar os problemas que poidan xurdir co seu uso.

Mediación Activa

Baseada no acompañamento, orientación e supervisión mediante o diálogo familiar.

Mediación Restritiva

Establecendo límites e controis nos dispositivos (móbiles, videoconsolas, ...) ou servizos (redes sociais, televisión dixital, ...).

Guía de mediación parental Fonte e máis información en incibe.es/menores.
Infografía: ¿qué has hecho hoy en Internet?
Infografía: ¿qué has hecho hoy en Internet? Fonte: incibe.es/menores.
Infografía: ¿cómo nos adaptamos a cada edad?
Infografía: ¿cómo nos adaptamos a cada edad? Fonte: Guía de mediación parental.
Educación dixital

Beneficios da tecnoloxía

Facilita a comunicación e interacción con outras persoas.
Acceso a información.
Autoaprendizaxe.
Xera un efecto positivo sobre determinadas competencias sociais.
Axuda a construír a súa identidade.
Fomenta a creatividade e permite expresarse dunha forma creativa.
Aumenta o respeto pola diversiade ao permitir interactuar con xente de diferentes culturas, capacidades e relixións.
Educación dixital

Riscos da tecnoloxía

Os datos persoais son públicos (ou poden ser públicos) e poden ser utilizados por persoas con malas intencións.
Falta de consciencia das posibles consecuencias e repercusión de facer os datos públicos.
É difícil controlar e/ou borrar contido unha vez subido a Internet.
Recurso

Vídeo para concienciar sobre os riscos de compartir datos persoais en redes sociais.

Acoso virtual e outras formas de intimidación (bullying, ciberbullying ou ciberacoso). Tanto como vítima como agresor/a.
Recurso

Vídeo para concienciar sobre o acoso.

Acceso a información inapropiada para a súa idade ou madurez: pornografía, violencia, racismo, terrorismo, etc.
Malware ou virus. Risco de roubo de datos, bloqueo de contas (de redes sociais ou similar), bloqueo de dispositivos.
Consello

Mantén actualizado o móbil, tableta, videoconsola e/ou ordenador. Instala só aplicacións e programas de orixes coñecidos.

Abuso da tecnoloxía. As pantallas poden producir problemas de vista, de atención, de adición, de aprendizaxe, de aillamento, ...
Recurso

Vídeo para concienciar sobre o abuso no uso do móbil ou outras tecnoloxías: hai outras cousas xeniais na vida que só se poden gozar na vida real.

Suscripcións ou compras non desexadas. Solicitude de pagos dentro de certos videoxogos.
Grooming: engano e acoso de un adulto a un/unha menor. Pode ser a través de redes sociais ou do chat de un xogo. Pode ter intencións sexuais.
Phishing: emails ou mensaxes de texto que suplantan a identidade de outra persoa ou entidade coa finalidade de que lles facilites datos persoais ou instalar programas/Apps non desexadas.
Sexting: obtención de fotos de contido sexual ou erótico da vítima para extorsionala.
Suplantación de identidade.
Recurso

Vídeo para concienciar sobre suplantación de identidade, grooming, sexting e outros riscos de Internet.

Apostas en liña.
Trastornos alimentarios por influencia de redes sociais.
Educación dixital

Consellos e boas prácticas para unha boa educación dixital

Coñece os posibles riscos e entende a tecnoloxía (na medida do posible). Participa en sesións formativas/informativas coma esta.
Espíritu crítico: non todo o que está en Internet é certo. Aprende a verificar a información.
Anticípate a posibles conflitos/problemas. Exemplo: a que idade vai ter o seu primero móbil? Cando terá acceso á súa primeira rede social? Os seus amigos/as xa teñen móbil/redes sociais? Intenta responder estas preguntas (e outras) e define unha estratexia.
Recurso

Guía coas 10 claves a ter en conta antes de regalarlle un móbil aos teus fillos ou fillas. Creada pola Agencia Española de Protección de Datos e UNICEF España.

Coida a comunicación familiar: falade con naturalidade, cercanía e confianza estando sempre dispoñibles para escoitar, sen culpabilizar nin reaccionar exaxeradamente.
Acompáñao na Rede: escoita e coñece os seus intereses. Mantede conversas sobre o que fixo/está a facer en Internet.
Establece normas e un plan axeitado á súa idade e/ou madurez. Exemplo: horarios e tempos de uso, tipo de aplicacións/contidos aos que pode acceder.
Recurso

Pactos familiares para o bo uso dos dispositivos: modelos de contratos para establecer normas e promover o compromiso de cumprilas en familia.

Acceso aos contratos Fonte: Internet Segura FOR KIDS.
Utiliza contrasinais seguras e distintas. Non compartas os contrasinais. PRO: utiliza un xestor de contrasinais e verificación en dous pasos.
Utiliza programas/software legal e desconfía do todo gratis. Non instales aplicacións de orixes descoñecidas.
Mantén actualizado o móbil, tableta, videoconsola e/ou ordenador.
Establece perfís privados en redes sociais e non aceptes/agregues como contacto/seguidor(a) a descoñecidos(as).
Desconfía do gratuito: antes de dar os teus datos en Internet valora para que/quen son e se realmente merece a pena.
Non abras mensaxes de xente que non coñeces nin os arquivos adxuntos.
Establece un pin, contrasinal ou patrón de acceso para acceder ao teléfono móbil.
Revisa os permisos que solicitan as aplicacións que instalas no móbil.
Os adultos somos un exemplo: se nós non seguimos estes consellos eles tampouco os van seguir.
Educación dixital + Acompañamento + Control parental
=
Seguridade na Rede

Consellos para un bo uso da tecnoloxía cun enfoque creativo

Yousician: aprende a tocar a guitarra

Clases de guitarra, piano, baixo, ukelele ou canto.

Duolingo KIDS

Aplicación para aprender idiomas.

Scratch: programación para menores

Scratch é a comunidade de programación para a rapazada máis grande do mundo. Promove as destrezas de pensamento informático e resolución de problemas, ensino e aprendizaxe creativos, expresión propia e colaboración, así como a igualdade na informática.

Xoga ao xadrez en liña

Aplicación para xogar ao xadrez e aprender a través de leccións, problemas e xogos.

Fotografía: a propia cámara do móbil

A fotografía pode ser unha ferramenta que lles axude a expresarse e estimular a súa creatividade.

Recursos para seguir informado/a

Logo de Internet Segura For Kids

Internet segura FOR KIDS

Sitio web do Instituto Nacional de Ciberseguridade para menores de idade. Ofrece servizos de ciberseguridade orientados a fomentar o uso seguro das tecnoloxías por parte dos nenos, nenas e adolescentes.

Acceso á páxina web Fonte: Instituto Nacional de Ciberseguridad.

Tú decides en Internet

Páxina da Agencia Española de Protección de Datos con recursos, información e consellos para pais, nais e menores. Por exemplo: Control parental, Un móvil es más que un móvil ou vídeos para menores para concienciar dos perigos de Internet.

Acceso á información Fonte: Agencia Española de Protección de Datos.

Cómic: Los guardianes de la red

Un cómic para promover a ciberseguridade na infancia e adolescencia. Contén catro historias cuxo obxectivo é protexer a identidade dixital, a pegada dixital e a reputación en liña dos menores.

Guía de seguridade en redes sociais para familias

Por que os menores están tan enganchados ás aplicacións das redes sociais? Nesta guía atoparás respostas a estas e outras preguntas sobre as redes sociais, acompañadas de consellos e reflexións para un correcto uso.

Control parental para iPhone e iPad

Guía para instalar e configurar ferramentas de control parental nun iPhone ou iPad.

Guía para configurar control parental para iPhone Fonte: INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad).

Control parental para Microsoft

Microsoft Family Safety: aplicación/ferramenta de control parental para Windows.

Acceso á información Fonte: Microsoft.

Descubre su mundo digital

Campaña dirixida a pais e nais de adolescentes para sensibilizalos sobre a importancia de acompañar e involucrarse no consumo de ocio dixital dos menores. Con datos e consellos sobre redes sociais, videoxogos, música, series, apostas e pornografía. Máis información.

Acceso á información Fonte: Fad Juventud.

Plan digital familiar

Plataforma para crear un plan dixital familiar con base científica e asesorados por pediatras.

Acceso á información Fonte: Axencia Española de Pediatría.

WhatsApp para niños: control parental en el popular mensajero

Consellos para configurar WhatsApp dun xeito seguro para menores.

Acceso á información Fonte: kidslox.com

Controla Tu Red

Controla a túa Rede é un proxecto da Fundación MAPFRE e da Policía Nacional que busca axudar aos mozos a comprender como funcionan as redes sociais e as tecnoloxías da información e a comunicación, para que aprendan a utilizalas de forma segura e adecuada e sexan capaces de identificar e informar de situacións perigosas.

Acceso á guía Fonte: Controla Tu Red, de Fundación Mapfre e Policía Nacional.

Uso responsable da tecnoloxía

A mocidade actual, que vive hiperconectada, converteu as TIC nun medio insubstituíble para levar a cabo boa parte das súas actividades cotiás. Pero o feito de que se despracen regularmente nese entorno non significa que saiban facelo con responsabilidade, coñecendo as consecuencias e os riscos que poden derivar dun uso prexudicial para eles e para terceiros. Neste artigo atoparás información útil para que poidas detectar problemas e saber educar ao teu fillo no uso saudable das TIC.

Acceso á información Fonte: Fundación Mapfre.

¿Cómo protegernos de los peligros en internet?

Dirixida a nenos, nenas e adolescentes.

¿Cómo evitar la violencia de género digital?

Dirixida a nenos, nenas e adolescentes.

Guía práctica de control parental

Consellos, vantaxes e ferramentas para previr os riscos de Internet para os teus fillos.

Acceso á guía Fonte: LISA Institute.

Sobre min

Chámome Víctor González e son programador web, ou dito doutro xeito: fago páxinas web.

Levo máis de 20 anos traballando con tecnoloxía.

Traballei 9 anos como formador tecnolóxico, entre eles 7 anos na rede CeMIT e anterior Rede de dinamización.

Tamén traballei cinco anos en Londres como programador para unha gran empresa.

Desde hai algo máis de catro anos traballo en Lugo como programador web pola miña conta.

O meu correo electrónico é victor@victorgonzalez.eu.