‹ Victor Gonzalez

Camiño portugués pola costa, día 8 (e último): Pontevedra - Santiago (en bici)

10th September 2021

Xa tiña gana de rematar así que pedín unha bicicleta prestada e fixen o que serían tres etapas andando (ou dúas longas) nunha única etapa de 65 quilómetros en bicicleta. Saín ás 10:00 de Pontevedra e cheguei sobre as 17:00 á catedral.

A bicicleta que me prestou o mozo de miña irmá. Algo pequena para min pero fun moi cómodo igualmente.

Quizais unha das etapas máis bonitas de todo o camiño: moito verde e moitas carballeiras.

Un selfie ca bicicleta.

A bici e a catedral.

Foron algúns quilómetros máis porque esquecín poñer a andar o Fitbit despois de dúas paradas. Tamén me equivoquei un pouco despois de saír de Pontevedra e fixen uns poucos quilómetros pola variante espiritual (máis longa e que vai por Cangas) ata que me din conta e volvín ao camiño portugués tradicional.

Thanks for reading and getting this far 💕. Comments are not enabled but you can write to me on victor@victorgonzalez.eu, I would love to read your thoughts.