Camiño portugués pola costa, día 5: Caminha - Baiona
7th September 2021
Hoxe non teño moitas fotos. Choveu bastante, foi unha etapa longa e empecei a andar tarde, sobre as 10:00, porque tiven que esperar ao taxi-barco para cruzar o Miño de Portugal para España.

A barca na que cruzamos o Miño.

Nada máis empezar a andar xa se puxo a chover. Non teño fotos da choiva, chovía bastante e o móbil non me facía moito caso.

A primeira comida en Galicia.

Un tractor no camiño. Atopei bastantes pero fíxenlle foto a poucos.

Máis mar.

O porto de Baiona.

A ventá da habitación do hotel.

A mesma ventá pero de noite.

Os pasos e quilómetros de hoxe. Cheguei a Baiona sobre as 17:50.