‹ Victor Gonzalez

Camiño portugués pola costa, día 3: Esposende - Viana do Castelo

5th September 2021

Saíndo de Esposende: 8:20 (hora portuguesa).

Aquí abandonei o camiño oficial e seguín a pasarela de madeira que vai máis preto do mar. Creo que mereceu a pena aínda que tiven que andar pola praia/pedras da prai durante varios quilómetros. Uns 10-12 quilómetros máis adiante volvín ao camiño oficial. Ver seguintes fotos.

Por momentos este é o único camiño.

Aquí remata a praia contínua que me levaba acompañado desde que saín de Porto. Non deixa de ser unba praia pero xa se parece menos ao "estándar" de praia.

Tamén polas dunas por momentos.

Tamén hai momentos de andar pola area mollada.

Mergulladores pescando ou recollendo algo que non souben identificar. Só sei que peixes non eran. E ata aquí chega o meu coñecemento do mar.

Non puiden seguir ata Viana do Castelo a carón do mar porque non hai por onde cruzar ese río que se intúe aí, un pouco máis arriba do punto azul. Para que vos fagades unha idea, a liña vermella é o camiño oficial, o punto azul son eu improvisando unha ruta a carón do mar e a liña azul de puntos (ata que se cruza coa vermella) é a ruta que fixen (máis ou menos) para volver ao camiño oficial e poder cruzar o río.

Por aquí crucei o río e xa volve a ser o camiño oficial.

Pola ruta extraoficial a carón do mar, a que fixen eu, non hai frechas amarelas nin indicacións do camiño, hai que ir buscándose a vida con Google Maps, aínda que non hai moita perda: hai que seguir o mar. En canto retomo o camiño oficial hai, de novo, moitas indicacións, ata diría que demasiadas por momentos.

Así é o camiño despois de cruzar o río. Cara o final pasa a ser asfalto e atravesa varias vilas pequenas.

Mesa de sellos autoservicio dentro dunha igrexa.

Chegando a Viana do Castelo. Sobre as 14:30 (hora portuguesa).

Nubes en Viana do Castelo (un pouco editadas).

Máis nubes en Viana do Castelo (tamén un pouco editadas).

Pasos e quilómetros de hoxe.

Thanks for reading and getting this far 💕. Comments are not enabled but you can write to me on victor@victorgonzalez.eu, I would love to read your thoughts.