‹ Victor Gonzalez

Camiño portugués pola costa, día 1: Porto - Póvoa de Varcim

3rd September 2021

Saíndo de Porto. Hoxe comecei a andar ás 6:30 (hora portuguesa).

Xa nos arredores de Porto.

Moi pretiño da foto anterior, nos arredores de Porto.

Xa case chegando a Matosinhos. Os primeiros 10-12 kms son todos por rúas de Porto e Matosinhos. Sempre a carón do río/mar.

Unha vez pasado Matosinhos, máis cedo que tarde, atopamos unha pasarela de madeira como a da foto e así seguiremos practicamente o resto da etapa: mar á esquerda, casas turísticas á dereita e por diante unha pasarela de madeira infinita.

Máis pasarela chegando á praia dos pescadores de Angueiras.

Seguimos pola pasarela. Xa chegando a Póvoa de Varzim as praias, maiormente turísticas e sen moitas diferencias entre elas, pasan a ser praias dunares: xa non tan turísticas e sen casas ao seu carón.

Spot the pilgrim. Xa en Póvoa de Varzim. Cheguei un pouco pasadas as 15:00 (sempre hora portuguesa).

En Póvoa de Varcim: #AccidentallyWesAnderson.

Atardecer en Póvoa de Varzim.

Na praia de Póvoa de Varzim.

Na praia de Póvoa de Varzim xa sen demasiados turistas.

E finalmente os pasos e quilómetros de hoxe segundo o meu Fitbit. Estes son os da etapa, sen contar o resto do día.

Thanks for reading and getting this far 💕. Comments are not enabled but you can write to me on victor@victorgonzalez.eu, I would love to read your thoughts.