Camiño portugués, día 2: Vila Franca de Xira - Valada
29th August 2021

Saíndo de Vila Franca de Xira, 8:23 (hora portuguesa).

A Lúa.

De novo, moito asfalto, poucas sombras e moito sol. De novo, non atopei ningún peregrino. De novo, non moitas indicacións aínda que é fácil seguir o camiño porque vai sempre a carón da vía do tren.

A única sombra e banco que atopei en moitos quilómetros.

O sol é abafante. E constante. Segue sen haber sombras. Nin unha minchiña de vento. Non hai animais, nin xente, só eu, a miña mochila e un litro de auga quente.

Longas estradas de asfalto sen unha sombra á vista. Afaste (porque te tes que afacer) pero parécese bastante ao inferno. Unha das consecuencias é ter que beber auga quente. Peor es morirse.

Durante varios quilómetros todo o que alcanzo a ver son tomates e tráilers cargados de tomates.

Máis tomates e unha pista de area para que pasen os tractores e os tráilers.

Os meus pés xa cerca do final da etapa.

Chegando a Valada: 15:50 (hora portuguesa).

Un Citroën 2CV en Valada.

Pasos e quilómetros segundo o meu Fitbit.