Camiño portugués, día 1: Lisboa - Vila Franca de Xira
28th August 2021

A primeira frecha amarela do meu camiño, preto de onde comecei a andar. O camiño empeza oficialmente na catedral de Lisboa (Sé de Lisboa) pero eu saín do Airbnb onde durmín, preto do Miradouro da Graça.

De camiño ao Parque das Nações. Non hai moitas frechas amarelas nin indicacións, é todo recto, sen moitos desvíos, pero sínteste desorientado sen saber se estás indo polo camiño correcto. Eu levo a ruta en Google Maps para ir consultando en caso de dúbida.

Aparecen as primeiras frechas. Os primeiros quilómetros (penso que arredor se 140) son compartidos polo Camiño de Santiago e o Camiño a Fátima, polo que podemos seguir tanto as frechas amarelas como as azuis (para Fátima).

Chegando ao Parque das Nações, onde se celebrou a Expo 98. Uns 8-10 kms desde que saín.

Deixando atrás o Parque das Nações...

Aquí remata o Parque das Nações. O que se ve é a ponte Vasco da Gama, con 12,3 kms de lonxitude. É a ponte máis longa da Unión
Europea, a segunda máis longa de Europa, por detrás da ponte de Crimea
(18,1 kms), en Rusia, e unha das máis longas do mundo.

Primeira indicación da distancia que queda a Fátima. Nos primeiros quilómetros hai máis indicacións para Fátima que para Santiago.

Non hai moitas sombras (ou ningunha).

Unha vez chegamos á freguesía de Vila Franca de Xira comeza a haber bastantes máis frechas amarelas. De todos os xeitos segue sendo necesario consultar a ruta en Google Maps de vez en cando.

Un selfie e máis frechas.

Segue o camiño.

Bacalhau a brás en O Telheiro por 10 € con bebida e sobremesa.

Chegando a Alverca.

Hai bastantes momenros de asfalto. Incluso varios quilómetros andando pola beiravía.

En Alhandra.

En Alhandra remata oficialmente a primeira etapa pero eu seguín ata Vila Franca de Xira porque non atopei onde durmir. É unha vila pequena. Polo pouco que vin pareceume envellecida e sen moita vida.

Saíndo de Alhandra.

Xa en Vila Franca de Xira. Gustoume a exposición de fotos no Museu do Neo-realismo.

Outra foto da exposición no Museu do Neo-realismo.

E outra máis. Tamén no Museu do Neo-realismo.

A miña cea. En D'Aline Pizzas. Moi rica. 6,95 €.

Os quilómetros e pasos de hoxe segundo o meu Fitbit. No momento que cheguei ao albergue, agora, pola noite, son aínda máis.
Durmo en Hostel DP, reservado a traves de booking.com (con unha semana de antelación) por 15 € a noite. Está ben. Estou nunha habitación mixta de catro camas pero estou eu só. Por protocolo COVID-19 só durmen dúas persoas como máximo por cuarto pero a min tocoume só. A wifi funciona moi ben.