‹ Victor Gonzalez

Camiño portugués, día 0.1: Pontevedra - Lisboa

26th August 2021

Estou en Lisboa. Cheguei esta mañá. Viñen en tren desde Pontevedra, ao mellor xa o deduciras polo título pero non sei, viñen en tren e foi guai. Pasado mañá comezo o camiño portugués (a Santiago, aínda que eu realmente vou a Fisterra, pero pasarei por Santiago, claro). Son uns 700 quilómetros, aínda que realmente non o teño claro porque empezo o camiño portugués pero en Porto vou cambiar ao portugués pola costa, e en Pontevedra ao mellor fago o que lle chaman variante espiritual, e despois hai que sumar os quilómetros ata Fisterra. Non fixen os cálculos pero así a ollo penso que son arredor de 700 kms. Penso que chegarei a Fisterra a finais de setembro pero xa iremos vendo. Polo momento estou aquí, en Lisboa, tomando a miña primeira pinta despois de moitos meses (ver última foto). Pode que xa estea un pouco peneque. Só pode. A cousa é que volvo a ter un blog, por agora vou ir poñendo fotos do camiño, e ao mellor conto algo, xa iremos vendo. Tamén teño gana de escribir sobre outras cousas pero, como dixen, xa iremos vendo... Pasiño a pasiño. Xa vedes que non está nada claro, coma min, que tampouco teño nada claro. En calquera caso, benvidas. Espero que vos guste e espero escribir, polo menos, de vez en cando. Grazas por lerme.

Estación de tren de Pontevedra, 7:02 AM

En algún punto entre Pontevedra e Porto

Estación de tren Santa Apolonia en Lisboa

Unha rúa de Lisboa

Miradouro da Graça (mirando cara o lado que non é)

De camiño ao castelo de San Jorge

Unha postal que me gustou

Outra postal fermosa

Outra máis

Moitas postais que me gustaron

Unha rúa preto do castelo de San Jorge

Unha parella nun banco

A vida portuguesa

A vida portuguesa

Unha foto na rúa preto de Chapitô à Mesa

Un selfie

Outra rúa

Unha tenda con moitas cerámicas

A miña primeira pinta en moitos meses (quizais máis de un ano)

Thanks for reading and getting this far 💕. Comments are not enabled but you can write to me on victor@victorgonzalez.eu, I would love to read your thoughts.