‹ Víctor González

Abandono o camiño portugués, día 4: Santarém - Porto (en tren)

31 de agosto de 2021

Abandonei o camiño portugués e viñen para Porto en tren. Non o estaba a desfrutar, xa estaba un pouco cheo de tanto asfalto, calor, po, pouco que ver, pouco verde e ningunha sombra así que cancelei o plan inicial. Vou estar en Porto un par de días e despois vou comezar o camiño portugués pola costa. Estas son unhas poucas fotos do primeiro día en Porto.

Un momento na feira do libro do Porto.

O río Douro desde o barrio da Ribeira. As luces que se ven arriba non son un filtro, é a lente rota do meu móbil.

No curuto da ponte Luis I.

No escaparate de Almada 13.

Tamén no escaparate de Almada 13.

O Airbnb onde me quedo.

Grazas por ler e chegar ata aquí 💕. Podes escribirme a victor@victorgonzalez.eu, encantarame recibir o teu correo.